Tarea 3.- A Obsolescencia Programada
A REPERCUSIÓN DA OBSOLESCENCIA PROGRAMADA
Cando falamos da obsolescencia planificada ou programada referímonos á programación da vida útil dun producto, co propósito de que este perda a súa utilidade nun período de tempo determinado previamente polo fabricante ou a empresa que o diseñe na súa fase de diseño. Este termo non é unha creación da actualidade, senón que provén do século XIX grazas á creación da bombilla. Comezou a utilizarse no ano 1920, cando Cártel Phoebus creou a obsolescencia buscando lustrarse a costa da sociedade. Así, xuntouse con grandes fabricantes como Philips ou General Electric para acordar reducir a vida útil das bombillas e subir as ventas. Desta maneira, se a bombilla de Edison de 1879 tiña unha vida útil media de 2.500 horas, en 1925 sólo duraba 1.000 horas. Cifra que chegou ata hoxe en día.
Esta non é o único tipo de obsolescencia que existe,pero no ámbito da tecnoloxía orientada ás TIC é a que máis se sufre, e unha das máis ocasionadas na actualidade. Porén, neste ligazón redáctanse os distintos tipos de obsolescencia que existen:
O seu uso unido ao consumo da sociedade son a base do sistema social e económico actual.
A súa función é xerar máis ingresos grazas a compras máis frecuentes, para así crear relacións de adición que produzcan beneficios económicos para empresas e fabricantes. Mais o seu obxectivo non é crear productos de calidade, se non unicamente o lucro económico, non tendo en conta as necesidades dos consumidores nin as repercusións medioambientais na produción, e moito menos as consecuencias que se xerarán dende o punto de vista da acumulación de residuos e a contaminación.
Unha parte moi importante no proceso da obsolescencia é o destino de todos estes residuos electrónicos ao esgotarse o seu uso. A cuestión é que os fabricantes non usan materiais ecolóxicos porque son máis caros, os consumidores queremos pagar o mínimo prezo polos dispositivos e que, sobretodo, os gobernos non invirten en prantas de reciclaxe. Por iso, estes residuos poden rematar tanto en vertedoiros ilegales ou descampados coma na propia basura. Obviamente, créase unha cantidade de contaminación moi grande, polo que esta práctica xerou un crecente malestar entre os consumidores.
Cabe destacar que na actualidade, a maior preocupa polo medio ambiente levou a activistas, organizacións e mesmo a consumidores e empresas a levar accións para frear esta práctica.
A continuación mostro un vídeo que explica con exactitude o parámetro final dos residuos:
Comentarios
Publicar un comentario